Mellorar a túa alimentación é moi fácil coas nosas sesións de educación nutricional
Na primeira consulta que levamos a cabo no noso centro de educación nutricional en Vilanova, xa che ofreceremos unha serie de pautas e acordamos cal vai ser a rutina de visitas. Ao principio, e en xeral, recomendamos dúas semanas entre revisións, pero, dependendo do caso e a evolución, pode ser máis ou menos tempo. Adoitamos partir de unha valoración dos teus hábitos alimentarios e dunha enquisa de preferencias para levar a cabo un plan nutricional que se axuste o mellor posible non só ao que desexas, senón tamén ao que necesitas. Mesmo se tes algún tipo de patoloxía: elaboramos dietas adaptadas atendendo ás túas necesidades en saúde. O noso obxectivo é ofrecerche a información e as ferramentas necesarias para axudarche a realizar os cambios dietéticos oportunos, buscando non só obter os mellores resultados, senón que ademais consigas manter unha alimentación saudable, mesmo cando termines o teu tratamento connosco.
A parte fundamental do servizo de educación nutricional que ofrecemos nas nosas consultas de Vilanova e Caldas de Reis é a atención integral por parte da nosa dietista. Estamos en comunicación constante, vía mail ou whatsapp, dispoñibles para calquera tipo de dúbida ao longo do teu tratamento, o cal nos permite responder as túas dúbidas e preguntas relacionadas co teu plan nutricional antes da seguinte visita que teñas programada. A nosa dietista en Vilanova e Caldas busca sempre adaptar o seu traballo a cada caso e ofrecerche un asesoramento personalizado.